Gran Premio de Mónaco de 1975
Nome oficial | XXXIII Monaco Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 11 de maio de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Patrick Depailler |
O Gran Premio de Mónaco de 1975 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1975 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1975. Foi o 33º Gran Premio de Mónaco, xa que a primeira carreira celebrouse por primeira vez en 1929. levouse a cabo en 75 das 78 voltas programadas ao circuíto, cunha distancia de carreira de 245 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda dando ó novo Ferrari 312T a súa primeira vitoria. A vitoria rompeu unha seca de vitorias de 20 anos de Ferrari no Circuíto de Mónaco. Lauda dominou a carreira, só perdeu o liderado durante unha parada en boxes. Gañou por dous segundos sobre o McLaren M23 de Emerson Fittipaldi. Carlos Pace terminou terceiro no seu Brabham BT44B.
Resumo
[editar | editar a fonte]O futuro dos Grandes Premios estaba baixo sospeita logo do desastroso gran premio español celebrado tres semanas antes. As medidas foron tomadas rapidamente: foron erixidos gardaraís adicionais e vallas protectoras, foron modificados os bordos e as chicanes. Introducíronse novas medidas: a grella escalonouse e, ademais, limitouse a só 18 coches. Este último cambio afectou a oportunidade de Graham Hill para cualificar: o cinco veces gañador de Mónaco, tivo todo tipo de problemas na práctica e non puido clasificarse por 0´377 segundos. John Watson e Clay Regazzoni chocaron na práctica, mentres que o equipo Surtees recibiu a orde de eliminar os adhesivos a favor dunha política pro-Europea dos seus coches.
Niki Lauda, nun Ferrari, conseguiu a pole position, compartiu a primeira fila con Tom Pryce, que pilotaba un Shadow, e que tan só 12 meses antes fora considerado "demasiado inexperto" para competir. Jean-Pierre Jarier e Ronnie Peterson ocuparon a segunda fila.
A carreira iniciouse baixo condicións de choiva, polo que todos montaron pneumáticos de choiva. Lauda foi o máis rápido na saída, mentres que Pryce tivo un comezo lento, e foi adiantado por Jarier, o francés pronto intentou pasar a Lauda nunha manobra de adiantamento imprudente, e golpeouse contra as barreiras en Mirabeau, o seu coche resultou danado na colisión o que lle levou a golpear de novo o muro na chicane e logo retirarse. Peterson quedou no segundo lugar, con Vittorio Brambilla terceiro, ata que Pryce golpeou a roda do italiano. Regazzoni detívose a cambiar unha roda e o morro do seu coche, e James Hunt detívose para cambiar aos pneumáticos lisos, anticipándose ao secado da superficie da pista. Con todo, o lento traballo do seu equipo de boxes custoulle unha cantidade considerable de tempo.
As posibilidades de vitoria de Ronnie Peterson foron danadas na súa parada en boxes, cando unha porca da roda perdeuse baixo o coche. Tom Pryce entrou a substituír o morro roto, e nese momento Niki Lauda aventaxaba en 15 segundos a Emerson Fittipaldi e Carlos Pace. Moitos accidentes ocorreron durante a carreira: Jochen Mass e James Hunt chocaron en Mirabeau, e Patrick Depailler viuse envolto no accidente; Clay Regazzoni golpeou a chicane e sufriu danos; John Watson trompeou e detívose o motor do seu coche; Pryce bateu cas barreiras e tivo que retirarse; Mario Andretti entrou nos boxes co seu coche en chamas, Mark Donohue golpeou á barreira, mentres que Alan Jones rompeu unha roda.
Nas últimas voltas o coche de Lauda foi perdendo presión de aceite e Fittipaldi foi gañando terreo. A tres voltas do final a diferenza era de 2´75 segundos, con todo, chegouse ao límite de dúas horas de tempo e a carreira detívose, con Lauda gañador. Ferrari gañou o seu primeiro Gran Premio de Mónaco en 20 anos, a traxedia do Gran Premio español desvaneceuse e as carreiras do campionato seguiron. A segunda posición de Fittipaldi reforzou a vantaxe do líder desde principio de tempada sobre Carlos Pace.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1974 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1975 |